Colegatum

Privacidade e seguridade

Colegatum existe para axudarte nun momento delicado. Por iso garda o mínimo, protéxeo e bórrao cando xa non fai falta.

Que gardamos

A túa conta, os teus contactos e círculos, os permisos que dás e os avisos mentres están activos. Só o necesario para que o aviso funcione.

Que non gardamos

Nin a túa localización, nin a túa actividade, nin historiais médicos. Non usamos analítica de terceiros, píxeles nin publicidade.

Datos cifrados

Nomes, correos electrónicos, teléfonos, hospital e textos gárdanse cifrados. As buscas fanse sen descifrar os datos.

Nada sensible por correo electrónico nin SMS

As mensaxes só din que hai un aviso e levan unha ligazón privada. O detalle vese na app ou na web, tras validar o acceso.

Só quen ti decides

Pertencer a un círculo nunca dá permiso para actuar no teu nome. As persoas de confianza deben aceptar e confirmar a súa identidade para avisar.

Os avisos bórranse

Cando un aviso se pecha, os seus detalles elimínanse pasado un prazo. Só queda un rexistro mínimo sen contido do aviso.

Que non é Colegatum

  • Non é un servizo de emerxencias: se hai perigo inmediato, chama ao 112.
  • Non é un localizador nin unha app de control.
  • Non é unha rede social.

Atopaches un fallo de seguridade?

Agradecémoscho de verdade. Escríbenos pola canle indicada no noso ficheiro security.txt e revisarémolo con prioridade.

security.txt