Preguntas frecuentes
Se a túa dúbida non está aquí, escríbenos. Respondemos persoas.
Os meus contactos teñen que instalar a app?
Non. Poden recibir os avisos por correo electrónico ou SMS cunha ligazón segura.
Que pasa cando engado alguén a un círculo?
Recibe unha única mensaxe que explica que é Colegatum, quen o engadiu e a que círculo. Só volverá saber de nós se che ocorre algo grave. Pode darse de baixa cando queira, e ti poderás velo.
Quen pode avisar no meu nome?
Só as persoas de confianza que ti escollas e que aceptasen. Para avisar teñen que confirmar a súa identidade nese momento.
E se alguén avisa por erro ou de mala fe?
Ti e as túas outras persoas de confianza saberédelo ao instante. Ti podes retiralo e queda rexistrado quen o fixo.
Pode haber máis dun aviso á vez?
Si. Cada aviso segue activo ata que se pecha.
Quen pecha o aviso?
Ti, cando volvas estar ben. Tamén pode facelo unha persoa de confianza con ese permiso.
Que datos de saúde se gardan?
Só o imprescindible para o aviso, como o hospital, se ti permites compartilo. Non gardamos historiais médicos.
Canto tempo se garda a información?
Os avisos pechados bórranse pasado un prazo. O rexistro que se conserva non contén os detalles do aviso.
A app contrólame?
Non. Colegatum non coñece a túa localización nin a túa actividade.